Cita esta fin de semana na XXIII Festa do Queixo de San Simón da Costa

Publicidade
Cita esta fin de semana na XXIII Festa do Queixo de San Simón da Costa

A vila lucense de Vilalba acolle este fin de semana, 1 e 2 de abril, a XXIII Festa do queixo de San Simón da Costa, na que o público asistente poderá degustar este produto tan emblemático da gastronomía galega e cun crecente recoñecemento comercial.

En total serán oito queixerías, amparadas pola Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa as que exporán os seus produtos, mentres que chefs galegos de recoñecido prestixio ofrecerán aos asistentes schow cookings coas múltiples posibilidades culinarias que ofrece este queixo.

Programación da Festa do Queixo de San Simón da Costa

O sábado comezarán os actos da xornada na Praza da Constitución, coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas, que permitirá aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona, e sobre todo de probar e mercar os queixos de San Simón directamente aos produtores.

O programa para este día é o seguinte:

-11:30 Final do Concurso de Tapas do Queixo de San Simón da costa na praza, mediante a realización en directo das tapas dos finalistas de cada categoría.
-16:30 Taller de cociña para nenos a cargo da gañadora de MasterChef Junior 4, Paula.
-19:00 Pregón a cargo do chef galego Pepe Solla e nomeamento de Embaixador do queixo San Simón. Entrega de premios do concurso de Carteis da festa do queixo de San Simón da Costa. – Entrega de premios do X Concurso de tapas do queixo San Simón da Costa.

Domingo:
-12:00 Showcooking de Antonio Lorenzo, do restaurante A Faragulla. Aplicacións do queixo San Simón nas tapas da nova cociña galega.
-13:30 Showcooking de Iván Domínguez, do restaurante Alborada, posuidor dunha estrela Michelín.

Máis información sobre o Queixo de San Simón da Costa en: www.sansimondacosta.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información