Circular do FEGA sobre prácticas agrícolas beneficiosas para o pago verde da PAC

Circular do FEGA sobre prácticas agrícolas beneficiosas para o pago verde da PAC

Paisaxe de Fonlor (Os Ancares-Lugo)

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar unha circular sobre prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente para o pago verde da PAC e que substitúe á anterior circular 8/2015.

O obxecto desta Circular é establecer, para o ano 2016 e seguintes, as actuacións para levar a cabo por parte dos organismos pagadores, en coordinación co FEGA, mediante os correspondentes controis administrativos e/ou sobre o terreo, que permitirán verificar se os beneficiarios do pago do Greening da PAC respectan ou non as condicións e requisitos establecidos na normativa vixente, nacional e comunitaria, así como a aplicación das reducións e sancións en caso de incumprimento.

Esta Circular adoptouse en consenso co MAGRAMA e as Comunidades Autónomas mediante as reunións do Grupo de Coordinación do Pago Básico, constituído polo FEGA.

Descarga aquí a circular do FEGA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información