Cinco experiencias do sector forestal na nova campaña de Fearmaga

A Federación de Aserraderos de Galicia lanza unha iniciativa na que expón as oportunidades laborais da industria forestal-madeira

Cinco experiencias do sector forestal na nova campaña de Fearmaga

Natividad Fernández é unha das pioneiras no sector, con 21 anos de traxectoria profesional na madeira.

A Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Madera de Galicia (Fearmaga) presentará a súa nova campaña “O sector que medra contigo” durante a feira Galiforest, que se celebrará do 27 ao 29 de xuño nas instalacións de Sergude en Boqueixón. Esta campaña, deseñada para resaltar as oportunidades laborais e o potencial de desenvolvemento profesional na industria forestal galega, está dirixida especialmente aos mozos, profesionais en busca de emprego ou aqueles que consideren un cambio de sector.

“O sector que medra contigo” inclúe testemuños de cinco profesionais que destacan os puntos fortes do sector, como a estabilidade laboral, o dinamismo, a aposta pola tecnoloxía e a sustentabilidade. Ademais, a campaña fai fincapé na rápida integración de perfís máis senior ou profesionais estranxeiros, así como na igualdade de oportunidades para as mulleres na industria.

Entre os participantes na campaña atópanse Natividad Fernández, unha das mulleres pioneiras no sector, e Juan Busto, que representa a cuarta xeración á fronte dunha empresa familiar. Ambos destacan as oportunidades que a industria ofrece para as mulleres e para as novas xeracións, enfatizando o ambiente inclusivo e o compromiso coa sustentabilidade e modernización dos procesos.

A campaña tamén narra a experiencia de José Antonio Díaz, quen tras máis de 30 anos como pintor, realizou unha reconversión profesional para incorporarse como operador de sierra. Pola súa banda, Moustapha Niang, motoserrista desde hai 8 anos, comenta sobre a estabilidade e a boa acollida recibida na empresa forestal onde traballa.

Tras a súa presentación en Galiforest, “O sector que medra contigo” será difundida en redes sociais e en eventos da Federación, co obxectivo de captar o interese de potenciais profesionais de toda Galicia e fortalecer a industria forestal-maderera como un motor clave para o desenvolvemento económico e a fixación de poboación no rural galego.

Fearmaga, que leva máis de 40 anos promovendo e impulsando a competitividade das empresas do sector, representa ao 75% dos rematantes de madeira e das industrias de aserrado en Galicia, proporcionando emprego directo a uns 7.000 profesionais na comunidade.

As caras do sector

fearmaga juan

Juan Busto (24 anos), cuarta xeración á fronte dunha empresa familiar, destaca o “dinamismo e a rexeneración que achegan as novas xeracións nun sector baseado na sustentabilidade da súa materia prima e a automatización e modernización dos seus procesos”.

fearmaga moustaph

Moustapha Niang (32 anos), motoserrista desde hai 8 anos, valorou que desde a súa chegada de Senegal traballa nunha empresa forestal “na que tiven unha gran acollida por parte dos meus compañeiros” e estabilidade. “Aquí hai traballo para toda a vida”, apunta.

fearmaga lorena

Lorena González. Xestora de produción nun serradoiro
“Neste sector hai futuro para a xente máis nova,é un sector moi dinámico, idóneo para os que teñen ganas de aprender”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información