Ciclo de xornadas ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’

A asociación Frouma organiza un ciclo gratuíto enfocado en temas como o cultivo e produción de castaña

Publicidade
Ciclo de xornadas ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’

Oliveiras. / Arquivo.

O ciclo de xornadas ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’ terá lugar dende o 22 de novembro ata o 13 de decembro. Organizado pola asociación Frouma co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, estas xornadas estarán enfocadas no cultivo e produción de castaña, a apicultura, as froiteiras autóctonas e nas posibilidades no cultivo de oliveiras.

Para participar neste ciclo gratuíto, os interesados poderán cubrir o seguinte formulario, podendo inscribirse nas xornadas que máis lles interesen, sen necesidade de realizar o ciclo ao completo.

Programa do ciclo:

22 de novembro: ‘Cultivo e produción de castaña’

A xornada ‘Cultivo e produción de castaña’ abrirá o venres 22 de novembro o ciclo de xornadas ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’, que acollerá a Escola de Vilasantoña (Santiso) no horario de 16:00h a 19:00h, e contará co seguinte programa:

  • Recuperación dos montes para a produción de alimentos – Diego Sánchez (Asociación Frouma)
  • Introdución ao cultivo da castaña e o manexo de soutos. A produción dentro da IXP – Manuel López (IXP Castaña de Galicia)
  • Experiencia de recuperación de soutos, transformación e comercialización – Davide Rodríguez (Amarelante SCG)

26 de novembro: ‘Froiteiras autóctonas’

O martes da próxima semana, 26 de novembro, continuarase o ciclo coa xornada ‘Froiteiras autóctonas’, que se celebrará na Casa da xuventude de San Sadurniño e Horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos no horario de 16:00h a 19:00h, e contará co seguinte programa:

  • Recuperación dos montes para a produción de alimentos – Diego Sánchez (Asociación Frouma)
  • Cultivo e manexo de froiteiras – Ignacio Bellas. Asociación galega de froita autóctona do Eume (AGFA)
  • Recuperación das variedades autóctonas – Ramiro Martínez (Viveiro O Pomariño e AGFA)

30 novembro: ‘Apicultura’

O sábado 30 de novembro será a quenda da xornada dedicada á ‘Apicultura’. Acontecerá no Local social de Santa María (Arzúa) no horario de 16:00h a 19:00h, e contará co seguinte programa:

  • Recuperación dos montes para a produción de alimentos – Diego Sánchez (Asociación Frouma)
  • Introdución á instalación do apiario e manexo das colmeas – Miguel Méndez (Sindicato Labrego Galego)
  • Retos actuais na produción apícola – Xesús Asorey (Máisquemel)
  • A produción de mel dentro da IXP – Ester Ordóñez (IXP Mel de Galicia)

2 de decembro: ‘Posibilidades no cultivo de oliveiras’

A derradeira das xornadas do ciclo ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’, titulada ‘Posibilidades no cultivo de oliveiras’, sucederá no local do Sindicato Labrego Galego en Compostela o luns 2 de decembro no horario de 16:30h a 19:30h, e contará co seguinte programa:

  • Recuperación dos montes para a produción de alimentos – Diego Sánchez (Asociación Frouma)
  • Introdución ao cultivo e manexo de oliveiras. Posibles zonas de produción – Alfonso Rodríguez da Asociación de produtores de aceite e aceituna de Galicia (APAAG)

13 de decembro: Visita ao proxecto Terra Agarimosa

O ciclo de xornadas ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’ finalizará o venres 13 de decembro coa visita ao proxecto Terra Agarimosa (16:00h a 18:30h), un proxecto de produción combinada de horta, froita e cogomelos rexentado por Marián Piñeiro e David Botana.

Programa do ciclo.

Programa do ciclo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información