O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG) organiza tres webinars no próximo mes de decembro no marco do proxecto ‘Actividades de impulso á promoción económica e fomento do emprego’, que ten o apoio da Deputación da Coruña.
Os seminarios online desenvolveranse en xornada de tarde (17 a 19 horas), cunha duración de dúas horas cada un. Están dirixidos a calquera persoa interesada, con independencia da súa situación laboral e do sector ó que se adique.
Os tres webinars programados son os seguintes:
– Como afrontar os procesos de selección de persoal (2-XII-2025). A sesión oriéntase a que os participantes se familiaricen cos principais procedementos de selección nas entrevistas de traballo e a que comprendan que buscan as empresas á hora de seleccionar persoal.
– Como desenvolver a túa marca persoal con éxito (9-XII-2025). O webinar explica que é o marketing e como pode axudar ó desenvolvemento persoal, en concreto a definir que elementos da marca persoal son cruciais na busca de oportunidades no mundo laboral.
– Como mellorar a comunicación da túa empresa (16-XII-2025). O seminario online céntrase en ensinar como construir a mensaxe de comunicación e en como adaptala a distintos públicos e formatos, tanto na comunicación cara a cara como sen conexión directa coa audiencia.
Calquera persoa interesada pode inscribirse a través da web do Colexio Oficial de Enxeñería Forestal de Galicia.
Galego






Control OJD