Ciclo de webinars para autónomos e Pemes sobre facturación electrónica, cibeseguridade e intelixencia artificial

As accións están organizadas polo Colexio de Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia, pero están abertas a todos os sectores produtivos

Ciclo de webinars para autónomos e Pemes sobre facturación electrónica, cibeseguridade e intelixencia artificial

O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG) organiza tres webinars no próximo mes de novembro. En concreto falarán de ciberseguridade, facturación electrónica e intelixencia artificial e diríxense a aquelas persoas de calquera sector que busquen transformar os desafíos tecnolóxicos en vantaxes competitivas reais. As accións formativas contan co apoio da Deputación da Coruña.

O primeiro, Ciberseguridade e normativa nis 2, é unha oportunidade para entender de maneira clara e aplicable como adaptarse á nova normativa e fortalecer a posición de seguridade da túa organización. Levarase a cabo o día 6 de novembro de 16:00 a 18:00 horas.

O segundo, Facturación electrónica, será o 13 de novembro de 16:00 a 18:00 horas e abordará de xeito práctico como as novas leis afectan ao día a día das pemes e autónomos de Galicia. En concreto, está dirixido a emprendedores, responsables financeiros e xestores que buscan navegar con éxito pola transformación dixital que marca o contexto normativo.

Finalmente, A intelixencia artificial como unha oportunidade para os nosos negocios, servirá para identificar onde e como incorporar a IA na rutina diaria, maximizando o seu valor sen necesidade de ser un profesional. Esta cita será o 20 de novembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información