O mércores e xoves desta semana, 24 e 25 de novembro, terán lugar en Lugo un ciclo de conferencias presenciais e on-line a través de ZOOM sobre “Certificación FSC®: xestión forestal, cadea de custodia, proxectos con madeira e servizos do ecosistema”.
FSC España e administracións e empresas titulares de certificados FSC como Concello de Lugo, ASEFOR, BIESCA e CERNA falarán da situación actual e das perspectivas de mercado para o sector forestal. Os relatorios serán traducidos de forma simultánea ao inglés desde o castelán ou galego, e serán gravados para a súa posterior consulta na canle de YouTube de FSC España.
As xornadas están organizadas por UXAFORES (Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible), grupo de investigación da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, Universidade de Santiago de Compostela; e FSC España. O ciclo de conferencias conta co apoio financeiro da Deputación de Lugo e USC.
As conferencias presenciais terán lugar na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (Campus Terra, Lugo) e á vez en formato on-line a través de ZOOM.
Programa:
Na primeira xornada do mércores 24/11/2021 abordarase a Certificación FSC de xestión forestal, cadea de custodia e proxectos con madeira. En tres conferencias de 30 minutos informarase de:
A situación en cifras de FSC en España, Galicia e o mundo, así como algunhas novidades normativas e accións de FSC.
A empresa CERNA Enxeñaría e Asesoría Ambiental contará as súas experiencias nos seus grupos FSC de xestión forestal e cadea de custodia.
María Portela, da Plataforma de Enxeñaría dá Madeira Estrutural (PEMADE), explicará o caso da certificación FSC de proxectos do edificio Impulso Verde do LIFE Lugo + Biodinámico.
Alberto Rojo moderará un coloquio mesa redonda entre os relatores e o público presencial e online.
Inscrición en 1ª xornada do mércores 24/11/2021 en: https://forms.gle/zjvjEwcKXqeaEMZH6
Na segunda xornada do xoves 25/11/2021 abordarase a Certificación FSC de servizos do ecosistema en tres conferencias de 30 minutos sobre:
A situación global, nacional e autonómica de servizos do ecosistema FSC, o procedemento e a guía que se usa para a súa certificación.
A empresa Enxeñeria Forestal ASEFOR S.L., contará a súa experiencia co certificado FSC de Biodiversidade para o impacto positivo de conservación das características dos bosques naturais no Monte Veciñal en Man Común de Rogueira e Cabana en Folgoso do Courel.
Biesca Agroforestal e Medio, S.L explicará o caso da certificación FSC de Mantemento da capacidade das concas hidrográficas de purificar e regular os fluxos de auga en Asturias
Alberto Rojo moderará un coloquio mesa redonda entre os relatores e o público presencial e online.
Inscrición en 2ª xornada do xoves 25/11/2021 en: https://forms.gle/TRutKvAzTLUaAvM58
Programa completo: