China volve tirar da demanda internacional de produtos lácteos e Estados Unidos dispara as súas exportacións

China, o principal importador de produtos lácteos do mundo, volve tirar con forza da demanda internacional nos primeiros meses do ano. Así se desprende dos datos da Comisión Europea referidos aos cinco primeiros meses deste ano.

En concreto, entre xaneiro e maio o xigante asiático aumentou un 30% as súas compras ao exterior de manteiga con respecto ao mesmo período do ano pasado. Tamén incrementou un 11% as de leite en pó desnatada ou un 10% as de leite enteiro. Xunto a China, Xapón consolídase como o principal importador mundial de queixos, cun incremento do 8%. Corea do Sur, Filipinas, México ou Alxeria, son outros dos principais importadores de produtos lácteos.

Estados Unidos dispara as súas exportacións

No tocante aos países exportadores, Estados Unidos dispara claramente as súas vendas ao exterior nos primeiros meses deste ano, ao tempo que reduce sensiblemente as súas importacións, en consonancia coa política proteccionista da administración de Donald Trump.

Así, ata o mes de maio, os USA aumentaron un 81% as súas exportacións de manteiga, un 25% as de leite en po desnatado, un 95% as de leite en po enteiro, un 6% as de queixo, ou un 18% as de soro de leite (weypouder). Pola contra, diminuíron un 8% as súas importacións de queixos ou un 5% as de soro de leite.

No tocante á Unión Europea, mantense como líder mundial das exportacións de queixos, leite en po desnatado e de soro de leite, con pequenos incrementos. Pola contra, baixa un 9% as súas exportacións de lactosa e de leite en po enteiro, así como de manteiga, un 4% menos.

Destaca o incremento das exportacións europeas de manteiga a Singapur, Xapón e Marrocos. Tamén é de salientar o aumento das vendas de leite en po desnatado entre xaneiro e maio a Alxeria (+34%), Exipto (+65%) e Bangladesh (+69%).

O sector lácteo europeo segue tendo unha balanza comercial envexable, ao importar soamente unha pequena cantidade de queixo.

Velaquí os datos completos:

LEITE_IMPOR_18_1 LEITE_IMPOR_18_2 LEITE_EXPOR_18_1 LEITE_EXPOR_18_2

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información