A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Chegan a España os boxes para tenreiras Calfella®: Maior comodidade e benestar animal a un menor custo

caseta becerras calfella animalvit 1Chegan a España da man da empresa galega AnimalVit os novos boxes para tenreiras Calfella®, fabricados pola firma italiada Welfare Farm, con ampla experiencia no deseño e elaboración de material gandeiro innovador.

Esta caseta será presentada mañá na feira agrícola e gandeira CIMAG-GANDAGRO, en Silleda (Pontevedra) onde constituirá unha das principais novidades

Calfella, cunha ampla presenza en granxas de Italia, Francia ou Alemaña, preséntase cunha caseta ecolóxica elaborada integramente en tecnopolímero 100% reciclable.

Este material, xunto cun deseño con formas suaves e flexibles, permiten que sexa un box moi ergonómico e con formas flexibles que reducen notablemente o risco de lesións e chagas tanto en patas como en pezuñas.

O deseño de Calfella favorece tamén o illamento térmico (da calor e do frío) así como unha óptima ventilación e un fácil acceso da tenreira ao espazo ao aire libre. Ademais, as súas configuracións modulares permiten múltiples posibilidades para aloxar ás tenreiras individualmente ou en grupos, tanto dentro como fóra da corte.

Fácil de instalar e de desinfectar

caseta becerras calfella animalvit 3

Calfella é o resultado de profundos estudos que levaron á concepción dun produto tecnoloxicamente avanzado, fácil de instalar en poucos minutos cunha única ferramenta, caracterizado por sistemas de montaxe e fixación realizados integramente en plástico reciclable. Grazas ao sistema de inclinación e elevación, é fácil de limpar e mover.

Os materiais utilizados para producir Calfella® están deseñados para soportar todo tipo de clima, garantindo a durabilidade, a funcionalidade do produto e o benestar do tenreiro.

Illamento térmico

É fundamental para o benestar do tenreiro evitar as oscilacións térmicas e as altas temperaturas. O sistema de aloxamento Calfella® está deseñado para reducir estes problemas grazas a:

• Superficies brillantes para unha máxima reflectancia da luz solar.

• Material opaco que bloquea os raios solares para evitar o paso da luz solar.

• Material resistente aos raios UV

• Solucións de ventilación de teitos

Garantía por 10 anos*

En caso de danos accidentais en partes da caseta ou da preto, pódense comprar pezas de reposto.

Ver termos e condicións en www.welfare-farm.com

Más información sobre Calfella nesta ligazón.

Distribución en España

Animalvit é o distribuidor oficial para España dos boxes Calfella

Contacto: Pablo Carro telf. 647599782, pablocarro@animalvit.com

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *