A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Chega a España o robot desbrozador Agria 9600 especial para pendentes

Chega a España o robot desbrozador Agria 9600 especial para pendentes

O revolucionario robot desbrozador Agria 9600

A empresa galega Millasur comezou en xuño deste ano a distribuír en exclusiva os produtos da empresa alemá Agria-Werke GmbH, entre eles o revolucionario robot desbrozador Agria 9600, dirixido por control remoto.

Trátase dunha máquina especial para cortar herba alta e pequenas ramas en terreos con elevadas pendentes, de ata o 50º. Grazas ao seu sistema de desprazamento por eirugas, ao seu deseño compacto e ao seu baixo centro de gravidade, o Agria 9600 pode cortar herba con eficacia en calquera terreo.

A través do mando a distancia o operador pode controlar a dirección e desprazamento do robot, a altura de corte, controlar a velocidade do motor (ten tres velocidades), ou realizar un apagado de emerxencia.

Unha das súas principais características é que sega tanto en avance como en retroceso, e non só herbas altas, senón tamén pequenas ramas.

Ademais, o Agria 9600 cumpre todos os estándares de seguridade, apagándose automaticamente en caso de perda do sinal. Así mesmo, debemos engadir a vantaxe de traballar cun xiro cero, que non deixará ningunha zona de terreo sen cortar,

Outra novidade deste robot é o seu sistema de motor híbrido, utilizando fuel e un innovador sistema de tracción eléctrico. Por último, o Agria 9600 conta cun intercambio dos depósitos de fuel (jerrican) que facilita esta tarefa e mellora a seguridade.

Así traballa o Agria 9600:

Para máis información: https://www.millasur.com/es/products?search=Agria

Millasur convértese no novo socio de Agria para España e Portugal

Desde xuño de 2018, o especialista en distribución de máquinas, repostos e accesorios para bosque, xardín e paisaxismo, Millasur S.L., representa a Agria-Werke GmbH de Moeckmuehl (Alemaña).

Agria-Werke GmbH produciu unidades profesionais para negocios de xardinaría, paisaxismo e autoridades locais desde 1947. Os produtos utilízanse para o mantemento de espazos verdes, o cultivo de solos e a limpeza de pavimentos.

A excelente reputación dos produtos Agria é o resultado de ofrecer a calidade dun “Feito en Alemaña” durante décadas. Esta calidade perdura ata o día de hoxe, certificada de novo recentemente mediante a norma DIN EN ISO-9001 en marzo de 2018. O concepto de calidade non só está relacionado cos produtos, senón tamén co servizo posvenDa que tanto entusiasma a clientes de todo o mundo.

Para servir aos clientes no mercado español e portugués, Agria-Werke e Millasur agora convértense en socios. Millasur ofrecerá o mesmo servizo para maquinaria Agria como se faría directamente desde Agria. Para lograr isto, foron necesarios intensivos adestramentos de servizo directamente na sede de Agria en Alemaña. Con Millasur haberá un socio de contacto local en España e Portugal que pode axudar aos clientes de forma rápida e sen barreiras idiomáticas.

Millasur e Agria-Werke esperan unha asociación boa e a longo prazo en interese de moitos clientes en España e Portugal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *