Os Servizos Agrarios dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural en Lugo seguen programando charlas informativas en distintos concellos da provincia en relación coa normativa que vai afectar á nova PAC 2023-2027.
O calendario previsto para este mes de abril é o seguinte:
- Mércores 12 ás 11:00 horas na Casa da Cultura de Guntín
- Venres 14 ás 11:00 horas no Centro Sociocultural de Xuventude de Monterroso
- Luns 17 ás11:00 horas no Local de Usos Multiples do Incio
- Martes 18 ás 11.30 horas no Centro Sociocultural de Friol
- Mércores 19 ás 11:00 horas na Casa da Cultura de Outeiro de Rei
As charlas serán impartidas por José Manuel Ferreiro, Xefe do Servizo do FOGGA en Lugo e por persoal técnico da Oficina Rural de Lugo (antiga Oficina Agraria Comarcal).