Charlas formativas na provincia de Lugo sobre a nova PAC e sobre gandería ecolóxica

Durante o mes de outubro, e ata o 8 de novembro, AGRONOVO impartirá xornadas informativas gratuítas sobre esta nova convocatoria da PAC e sobre gandería en ecolóxico en toda a provincia de Lugo.

Nas charlas de gandería en ecolóxico, falarase da situación actual do mercado, da normativa e condicionantes para obter a certificación ecolóxica, así como do proceso de inscrición no CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) e da liña de axudas á produción ecolóxica da PAC.

Nas charlas sobre a PAC 2023-2027, falarase dos cambios deste período, especificando os requisitos e condicionantes para cobrar as novas axudas.

As inscricións son gratuítas e seguen abertas. Poden facerse na páxina https://agronovo.es/formacion

Velaquí o calendario de próximas charlas, que se impartirán en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Sobre as axudas da PAC 2023-2027:

Cospeito – 28 de outubro, Casa da Cultura, Avenida Terra Cha, 29.
Friol – 2 de novembro, Centro Sociocultural de Friol.
Guitiriz – 4 de novembro, Casa Habaneira, Rúa do Concello, 42.
Lugo – 8 de novembro, Oficinas de Agronovo Ecoloxía, Camiño Real, 72-74, entlo.

Sobre gandería en ecolóxico:

-Outeiro de Rei – 31 de outubro, Viveiro industrial. Parque empresarial. Rúa do Acivro nº2.
-Castroverde – 3 de novembro, Colexio público de Castroverde.
Monforte de Lemos – 7 de novembro, Salón de Actos do Centro Cívico e Social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información