O vindeiro sábado, día 27 de decembro, terá lugar no concello pontevedrés de Agolada unha charla informativa sobre as plantas de biometado e a súa repercusión no sector agrogandeiro galego.
A charla será ás 17:00 horas no audiotorio de Agolada e nela participarán Xoán Castro, enxeñeiro agrónomo e investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM); Daniel Vispo, licenciado en Químicas e membro de ADEGA; Nery Díaz, presidenta de Galicia Atlántica e Verde; Xosé Mariño, membro de Berce do Ulla e Ariadna Sanjuán, veciña afectada pola planta de biometano de La Galera, en Tarragona. O encontro será moderado por Laura Moure, xornalista de Ecos da Comarca.

Galego









Control OJD