Data inicio: 07/11/2018
Data fin: 07/11/2018
Lugar: Centro Sociocultural Porriño
A Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e a Agrupación Apícola de Galicia organizan este mércores, 7 de novembro, no Porriño unha mesa redonda sobre o uso da arpa eléctrica para protexer os apiarios dos ataques da vespa velutina, unha ferramenta que neste momento considérase a máis eficaz e selectiva para loitar contra o tártago asiático.
A mesa redonda celebrarase en horario de 17:00 a 19:00h, no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal de Porriño. Nela intervirán distintos fabricantes e usuarios de arpas eléctricas para a protección das colmeas, que explicarán as vantaxes de cada unha delas, recomendacións para a súa ubicación e mantemento…etc.
Máis información no teléfono 616 275 020 (José María Seijo). Esta actividade conta coa colaboración do concello do Porriño.