Charla sobre o futuro da PAC no concello de Santiso

Publicidade
Data inicio: 06/03/2020
Data fin: 06/03/2020
Lugar: Santiso Visantoña

O Concello de Santiso organiza Santiso Escoita, un ciclo de charlas dirixidas ao sector primario coas que buscan informar a gandeiros e agricultores de problemáticas concretas coas que se atopan no día a a día.

Neste ciclo de charlas o Concello de Santiso convidou a todos os partidos do parlamento galego, representantes da Xunta de Galicia, así coma a distintos axentes sociais vinculados o agro galego.

Na primeira charla coloquio, que se celebrará o 6 de marzo ás 22:00 horas no novo centro sociocultural de Visantoña, participarán Óscar Vilar, representante do PsdG-PSOE; Jorge Piñeiro, representando á Xunta de Galicia; Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, e Roberto Garcia, secretario xeral de Unións Agrarias.

Cada relator contará con dáas quendas: a primeira duns 5 minutos  e en segunda volta duns 3 minutos para rematar.

Para esta primeira edición o tema a tratar será o presente e futuro da PAC, e o que leva asociado, como son a aplicación de xurros e estercos, o que pode afectar a nova lei de movilidade de terras, etc.. “Os nosos gandeiros teñen preguntas e necesitan respostas, tentemos que os convidados poidan aclaralas”, destacan dende o concello.

XORNADA PAC SANTISO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información