Charla sobre o cultivo da colza este mércores pola tarde en Xinzo da Limia

Publicidade

Este mércores, 7 de setembro, impartirase na vila ourensá de Xinzo da Limia unha charla técnica e informativa sobre “Colza: Un cultivo con futuro”.

A actividade está organizada por Almacenes Gamallo e FitoAgraria e será impartida por técnicos de BASF e de Limagrain (LG). Terá lugar ás 20:00 horas no restaurante 2 de Mayo.

A colza é un cultivo que está a despegar en Galicia debido á súa boa adaptación á climatoloxía da comunidade e aos elevados prezos que está a acadar esta aleaxinosa, tanto para alimentación humana (elaboración de aceite) como para alimentación animal (elaboración de pensos).

As persoas interesadas en asistir poden chamar ao 663 84 06 51

CHARLA COLZA XINZO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información