Charla sobre como mellorar a produtividade das plantacións forestais de eucalipto

Viveiros Mañente organiza un encontro o día 27 en Foz co investigador brasileiro José Leonardo de Moraes Gonçalves, que traballou coas principais empresas produtoras de eucalipto e pasta de papel do mundo

Publicidade
Data inicio: 27/02/2020
Data fin: 27/02/2020
Lugar: Foz, Spain

Navigator portugal eucaliptoViveros Mañente organiza o próximo día 27 en Foz a charla informativa Plantacións Forestais de eucalipto máis produtivas, factores de crecemento dirixida a propietarios forestais e empresas da industria forestal interesadas en coñecer como mellorar a produtividade destas plantacións e que terá lugar o xoves da próxima semana a partir das 19.00 horas en Sálgaa Baía da localidade mariñá. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

A charla contará coa participación do investigador brasileiro, José Leonardo de Moraes Gonçalves, experto en nutrición do eucalipto e composición dos chans, que traballou coas principais empresas produtoras de eucalipto e pasta de papel axudándolles a mellorar a produtividade dos seus cultivos forestais. Acompañarano, Juan Picos, Director da Escola de Enxeñería Forestal e experto en silvicultura, e Enrique Mañente, xerente de Viveiros Mañente.

José Leonardo de Moraes Gonçalves é un experto en nutrición do eucalipto e composición dos chans e asesora a empresas con máis de 3,5 millóns de hectáreas de plantacións

José Leonardo de Moraes Gonçalves é profesor do Departamento de Ciencias Forestais na Universidade de Sao Paulo, tarefa que compaxina coa súa faceta de investigador. Os seus estudos céntranse na implantación e xestión de plantacións de eucaliptos e piñeiros.

Trátase dun experto recoñecido na nutrición das masas forestais, o estudo da composición dos chans e a mellora da produtividade das plantacións. É tamén coordinador científico do Programa Cooperativo de Silvicultura e Xestión (PTSM) do Instituto de Investigación e Estudos Forestais (IPEF), que agrupa a empresas e produtores forestais con máis de 3,5 millóns de hectáreas de plantacións de eucaliptos e piñeiros.

Líder en produción de planta de piñeiro e eucalipto

Viveiros Mañente, empresa familiar con máis de 35 anos de historia, desenvolve e aplica tecnoloxía de última xeración para producir plantas forestais. A empresa factura 1,5 millóns de euros ao ano e emprega a 15 profesionais. Na actualidade, a terceira xeración dirixe o viveiro.

Viveiros Mañente produce un millón de piñeiros e oito millóns de eucaliptos nitens para repoboación ao ano

Foi o primeiro viveiro certificado por AENOR en Galicia para a produción de planta forestal. É o maior viveiro de España en produción de planta de piñeiro, con 1 millón de unidades ao ano, e o maior de Europa en produción de planta de eucalipto nitens, con 8 millóns de plantas ao ano. Desde o ano 2010 participou en acordos exclusivos de colaboración cos principais programas xenéticos de eucaliptos globulus e nitens que se están desenvolvendo a nivel mundial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información