Charla sobre as consecuencias da revisión catastral en Santa Comba

A sesión informativa desenvolverase esta noite ás 21.30 horas no auditorio municipal

Publicidade
Data inicio: 28/04/2016
Data fin: 28/04/2016
Lugar: Santa Comba, A Coruña, España

Os problemas ocasionados no agro pola revisión catastral chegaron tamén a Santa Comba, onde esta noite se celebrará unha charla organizada por Unións Agrarias para abordar a situación e as posibles vías para reducir o ‘catastrazo’.

Na sesión informativa está prevista a participación do alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha, que xa se amosou partidario de reducir os gravames sobre as explotacións agrarias. Falarán tamén Jacobo Feijoo, responsable de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias, e José Antonio Diéguez, de Ventonoso.

A charla será ás 21.30 horas no auditorio municipal de Santa Comba. O principal problema que está a ocasionar a revisión catastral vén de que as instalacións agrarias como cortes, pendellos ou naves pasan a ser obxecto do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Parte dos Concellos das comarcas gandeiras xa están a adoptar medidas para reducir o impacto da contribución no agro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información