Charla online este xoves sobre “Microalgas, novos fertlizantes en agricultura”

O encontro, organizado polo proxecto de innovación MICOALGA-FEED, contará coa participación das empresas Neoalgae e FEUGA

Charla online este xoves sobre “Microalgas, novos fertlizantes en agricultura”

No marco das actividades de divulgación do proxecto de innovación MICOALGA-FEED, que ten como obxectivo a redución de antibióticos en gandaría a través dunha alimentación natural baseada no uso de fungos e microalgas, organízase unha charla centrada no uso de microalgas como fertilizantes en agricultura.

As microalgas son organismos unicelulares cunha gran capacidade de fixación de dióxido de carbono e cunha alta eficiencia de produción de biomasa a partir de enerxía solar (até catro veces superior á das plantas). A relevancia das microalgas radica no seu papel como produtoras primarias da cadea trófica.

Nesta charla exploraranse, da man de David Suárez, de Neoalgae, algunhas das aplicacións das microalgas, prestando especial atención ao seu, cada vez máis estendido, uso como fertilizantes en agricultura. A través de casos de éxito exporanse as vantaxes e os beneficios que achegan estes compostos en agricultura, ao estimular o crecemento da planta e a calidade dos froitos ou como son capaces de exercer de barreira protectora fronte a enfermidades.

Así mesmo, na xornada tamén se presentará o Grupo Operativo MICOALGA-FEED, un proxecto de innovación no que se está investigando outra das aplicacións das microalgas, neste caso en gandaría. A través do uso de fungos e microalgas, o proxecto desenvolverá novas formulacións de pensos que melloren o benestar animal e permitan reducir o uso de antibióticos en gandaría. Ángel Sanabria, de FEUGA, será o encargado de dar a coñecer os obxectivos e avances entre os asistentes.

Cando: xoves, 09 de xuño, ás 10h.

Onde: evento online, a través de Teams.

Duración: 1h

Inscripción gratuita: https://forms.gle/HitHgCzBdRRC5gCWA (se enviará link de acceso)

Más información: https://micoalga-feed.es/charla-microalgas/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información