Charla o vindeiro venres en Sober sobre os viños de paraxe e parcela na Denominación de Orixe Bierzo

Publicidade

O concello lucense de Sober, situado en pleno corazón da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, acollerá o vindeiro vernes, 5 de marzo, unha charla sobre “A clasificación dos viños por paraxe e parcela na Denominación de Orixe Bierzo”, unha materia pendente aínda nas denominacións galegas.

A charla será impartida por Carmen Gómez, directora técnica do CRDO Bierzo. A continuación presentarase o libro “A marabillosa historia do viño en Galicia” por parte do seu autor, o xornalista Luis Congil.

Ao remate do acto terá lugar unha cata dos viños gañadores na última edición da Feira do Viño de Amandi. A cita é as 19:30 horas no Centro Sociocultural de Sober.

XORNADA SOBER VIÑOS BIERZO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información