Charla informativa sobre a marca de calidade IXP Castaña de Galicia no Covelo

A cita será o 19 de xaneiro e busca achegar información de interese a produtores e profesionais do sector, poñendo en valor un produto emblemático do territorio galego

Publicidade
Charla informativa sobre a marca de calidade IXP Castaña de Galicia no Covelo

A marca de calidade IXP Castaña de Galicia será o tema central da charla informativa que terá lugar no Auditorio Municipal do Covelo (Pontevedra) o luns 19 de xaneiro de 2026, ás 11:00 horas. Trátase dunha iniciativa destinada a dar a coñecer o valor, a protección e as oportunidades que ofrece esta indicación xeográfica protexida para o sector castiñeiro galego.

A xornada ten como obxectivo achegar información de interese a produtoras e produtores, profesionais do sector e ao público en xeral, poñendo en valor un produto emblemático do territorio galego, clave para o desenvolvemento rural e a economía local.

Así, abordarase o funcionamento da IXP Castaña de Galicia, os seus criterios de calidade, os beneficios da certificación e o seu papel na valorización da castaña galega nos mercados, así como as liñas de apoio e promoción existentes.

Esta actividade conta co apoio da Xunta de Galicia, o Goberno de España e o cofinanciamento da Unión Europea, no marco das axudas FEADER.

Cartaz Xornadas - O Covelo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información