O enxeñeiro agrónomo e investigador do Laboratorio do Territorio (Laborate) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo Quico Ónega ofrecerá este mércores 6 de abril, a partir das 16:00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, unha charla informativa sobre a futura PAC.
A sesión está promovida pola asociación Agromuralla e o acceso é libre e gratuíto ata completar o aforo.