Codisoil, empresa de referencia na distribución de hidrocarburos en Galicia, organiza para o vindeiro venres, día 20, en Ordes, unha charla informativa sobre “Legalización de Depósitos + Gasóleo Agrícola de Repsol”.
“Industria está realizando inspeccións a instalacións con depósitos de gasóleo e estanse pondo sancións por non cumprir a normativa, polo que consideramos que é fundamental estar informados sobre o tema para evitar sustos”, explican dende a empresa.
A maiores, tamén se comentará o lanzamento de Effinox Premium AdBlue Solution, o novo adblue anticristalizante e limpador de Codisoil con GreenChem. Este novo produto incorpora na súa formulación un aditivo exclusivo para evitar os problemas de cristalización que están xurdindo co adblue.
A charla será ás 12:00 horas no Hotel Casa Barreiro. A asistencia é gratuíta e trala charla ofrecerase un picoteo e un viño. Pídese confirmar asistencia chamando ao 886 40 52 02 (por whatsapp ou teléfono).