Charla este sábado en Viana do Bolo sobre a Vespa Velutina

Charla este sábado en Viana do Bolo sobre a Vespa Velutina

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Viana do Bolo organizan este sábado, día 16 de febreiro, unha charla sobre a Vespa Velutina.

A charla será ás 17 horas na Casa da Cultura co obxectivo de informar á poboación en xeral e apicultores e apicultoras, como un dos sectores máis afectados, ante a recente chegada da praga a esta zona de Ourense. Na charla explicarase como é o tártago asiático, bioloxía e comportamento, e os efectos que provoca, así como cales son as medidas para controlala e minimizar os danos. Así, tratarase de ofrecer recursos para que os apicultores protexan as súas colmeas e a veciñanza poida colaborar nesta loita, así como tamén tomar as precaucións necesarias para evitar accidentes ante a presenza de niños tartagueiros.

As conferencias correrán a cargo de José Mª Bello, Delegado de AGA no Morrazo e experto na loita contra o tártago asiático, e Joaquín Lozano, veterinario de AGA,

A asistencia é de balde, pero requírese inscrición previa, por email a info@apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información