As Comunidades de Montes Veciñais do Baixo Miño organiza este sábado no auditorio de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, unha xornada sobre prevención de incendios forestais.
A xornada comezará coa intervención de Manuel Rodríguez, director xeal de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, que falará sobre a prevención de grandes incendios forestais.
A continuación, Juan Picos, Laura Alonso e Thais Rincón, do equipo de investigación do FIREPOCTEP+ da Universidade de Vigo, explicarán cales son as áreas estratéxicas na comarca para a prevención de grandes incendios, mentres que Adrián Regos, da Misión Biolóxica de Galicia, ofrecerá unha charla sobre territorios máis resilientes aos incendios.
Pola tarde, será a quenda das comunidades de montes: as do Rosal e de Vigo contarán como se enfrontaron ao lume, mentres que a de Randulfe explicará como organizan a vixilancia. A mesa redonda será moderada polo xornalista Luis Pardo.