Charla en Muimenta sobre o agrupamento voluntario de terras

As permutas de interese agrario son unha ferramenta eficaz para mellorar a productividade das exprotacións agrogandeiras

A Asociación de Empresarios de Muimenta organiza o martes 16 de setembro unha charla informativa sobre o agrupamento voluntario de terras. O acto terá lugar a partir das 11 da maña na Casa da Cultura de Muimenta. A charla é aberta para veciños tanto do concello de Cospeito como doutros lugares de Galicia. 

O colectivo empresarial de Muimenta, que engloba tamén a gandeiros e gandeiras da localidade, foi coñecedor do programa que a Xunta de Galicia, que a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), realiza para o agrupamento voluntario de terras, considerando que pode ser interesante para os seus asociados, así como da veciñanza en xeral.

As permutas de interese agrario son unha ferramenta eficaz para a mobilización de terras. Grazas a este instrumento, os propietarios de fincas rústicas poderán intercambiarlas mediante mutuo acordo, mellorando deste xeito a productividade das exprotacións agrarias.

O acto está organizado pola Asociación de Empresarios de Muimenta en colaboración con AGADER, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e o Concello de Cospeito.

charla muimenta agrupamento voluntario de terras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información