Data inicio: //
Lugar:
A Asociación de Apicultores de Valdeorras organiza este sábado, 10 de novembro, unha charla sobre a loita contra a vespa velutina. Será impartida por Lolo Andrade, divulgador e técnico de Protección Civil de Cambre, que explicará os últimos avances na destrución, neutralización e retirada de niños da vespa de patas amarelas.
A charla será as 10:30 horas no Centro Sociocultural Santa Lucía, en Vilamartín de Valdeorras. Colaboran a Agrupación Apícola de Galicia e o Concello de Vilamartín de Valdeorras.