Chantada exalta esta fin de semana o viño da Ribeira Sacra

Publicidade

FEIRA_VIÑO_CHANTADAO Concello de Chantada organiza este fin de semana a 34ª Feira do Viño de Chantada. O programa comezará este venres coa apertura ás 20:00 horas dos stands das 13 adegas participantes, onde os visitantes poderán gozar do viño novo da Ribeira Sacra. A carpa das adegas instalarase como ven sendo habitual na avenida de Monforte. A partir das 23:00 horas actuará a orquestra Charleston Big Band.

Mañá sábado, o día comezará con pasarúas dos gaiteiros da Escola de Música Tradicional de Chantada, actuacións dos intérpretes de zanfona da Tradescola de Lugo e un concerto da banda de música municipal. Pola noite, ás nove comezarán as actuacións musicais do grupo Yucatán e da orquestra Israel.

O domingo serán os actos centrais da 34ª Feira do Viño de Chantada

Os actos centrais da 34ª Feira do Viño de Chantada serán o domingo, coa cata oficial, ás 11:00 horas, e a lectura do pregón, ás 13:00 horas, a cargo do historiador e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información