César Dorado repite á fronte de Acruga

César Dorado repite á fronte de Acruga

César Dorado.

O presidente da Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga), César Dorado, gañou as eleccións que se celebraron este venres 20 por unha axustada diferencia. A súa candidatura recibiu 588 votos, polos 537 da outra candidatura, que encabezaba o gandeiro da Mariña David López, segundo os resultados que trascenderon ó longo da noite, pois o reconto prolongouse ata a madrugada.

Esa escasa diferenza de a penas un 5% de votos entre as dúas candidaturas permítelle a César Dorado repetir unha vez máis á fronte de Acruga, tras 17 anos como presidente. Acompañarano na directiva as dez persoas que integraban a súa lista: Jesús Varela Mourelle, Modesto Arias López, Miguel Fernández Arrojo, Luis Vidal Vila, Sandra Ledo Corzo, J.María Pérez López, José Luis Fernández Pérez, Bautista Pérez Deiros, Antolín Alonso Arias e Adita Prados Vega.

Os resultados destes comicios foron máis axustados que os das anteriores eleccións, cando concurriran dúas listas alternativas que sumaran 451 votos polos 540 da lista de Dorado. O feito de que nesta ocasión só se presentase unha candidatura alternativa xerou expectativas dun posible cambio, pero finalmente César Dorado solventou os comicios con medio cento de votos de vantaxe.

Asemblea e reunión da asociación Gandeiros Galegos de Suprema

Doutro lado, mañá domingo 22 a asociación Gandeiros Galegos de Suprema anuncia unha asemblea extraordinaria no salón de actos do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Entre as cuestións a abordar figura a posibilidade de enviar becerros a matadoiros de fóra de Galicia, así como a opción de retomar as mobilizacións polos baixos prezos.

Para a semana, a asociación ten tamén prevista o mércores 25 unha reunión aberta co presidente da IXP Ternera Gallega, Jesús González. Será a partir das 16.30 horas no mesmo lugar, o salón de actos do Pazo de Feiras de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información