César Dorado, reelexido como presidente de Acruga co 54,5% dos votos

O gañador dos comicios recibiu 540 votos, polos 301 de Antonio Núñez Torrón e os 150 de José Antonio Fernández

César Dorado, reelexido como presidente de Acruga co 54,5% dos votos

César Dorado. / Arquivo.

A Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) celebrou este sábado as eleccións nas que se elixía a súa dirección para os próximos catro anos. Os resultados, que se coñeceron na madrugada do sábado ao domingo, deixan como gañador ó actual presidente, César Dorado, que repetirá por catro anos á fronte da entidade tras lograr un 54,5% dos sufraxios emitidos.

A candidatura de Dorado recabou 540 votos, polos 301 de Antonio Núñez Torrón e os 150 de José Antonio Fernández. Estas son as eleccións nas que houbo un maior porcentaxe de participación, pois votaron o 85% dos gandeiros con dereito a voto. Houbo 1.067 votos emitidos, dos que 995 foron votos válidos e 4 en branco.

Proxecto
Durante a campaña, Dorado manifestou que para os próximos anos, as súas liñas de traballo priorizarían cuestións como a mellora xenética da raza ou a oferta de suficientes animais ós gandeiros a través do centro de recía que mantén Acruga na Granxa Gayoso Castro, co apoio da Deputación de Lugo.

En canto á mellora xenética, Acruga traballa con Xenética Fontao para introducir a xenómica na selección de touros de inseminación. Tamén proxecta enviar en breve un touro a Gran Bretaña para iniciar alí a produción de seme sexado de Rubia Galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información