Central de Frades organiza unha xornada formativa para abordar os retos actuais da gandería

Expertos do ámbito veterinario e agronómico abordarán xestión de persoal, bioseguridade, normativa de fertilización e deseño de instalacións gandeiras

Central de Frades organiza unha xornada formativa para abordar os retos actuais da gandería

A Cooperativa Central de Frades, en colaboración coas ADSG de Gando Vacún de Frades, Mesía e Boimorto, organiza o vindeiro xoves 12 de febreiro unha xornada formativa gratuíta dirixida a persoas gandeiras, técnicas e profesionais do sector, que se celebrará na Finca Restaurante O’Cadaval.

A xornada ten como obxectivo ofrecer unha visión práctica e actualizada sobre algúns dos principais desafíos aos que se enfrontan hoxe as explotacións gandeiras, combinando contidos técnicos, normativos e de xestión empresarial.

O programa dará comezo coa intervención do veterinario Antonio Souto Ferraz, do servizo técnico de Rumiantes de HIPRA, abrirá a xornada cun relatorio centrado na xestión de persoal nas explotacións gandeiras, un dos aspectos máis complexos do día a día das granxas.

A continuación, o enxeñeiro agrónomo Manuel Crespo, director de especialidades do Grupo Soaga, abordará a nutrición vexetal, facendo fincapé na normativa de fertilización vixente e nas tecnoloxías que marcarán o futuro do sector.

O seguinte en intervir será o profesor e investigador da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid Alberto Díez Guerrier que analizará as enfermidades emerxentes e a importancia da bioseguridade como ferramenta clave para a prevención e protección das explotacións.

A xornada pecharase cunha sesión dedicada ao deseño de instalacións gandeiras, na que Alberto Jurado, responsable de instalacións gandeiras do Grupo COVAP, exporá os puntos clave para mellorar a funcionalidade, o benestar animal e a eficiencia produtiva das granxas.

A participación é gratuíta, pero require inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse a través do seu veterinario ou veterinaria da ADSG ou contactando coa cooperativa no teléfono 981 69 21 05.
cartaz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información