A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA medrou un 38,6% nos primeiros catro meses de 2023

A Asociación Española de Mercados de Gando (ASEMGA), da que é vicepresidente Ricardo Durán, director da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, celebrou onte en León a súa asemblea xeral

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA medrou un 38,6% nos primeiros catro meses de 2023

A Asociación Española de Mercados de Gando (ASEMGA) celebrou onte en León a súa asemblea xeral.

A Asociación Española de Mercados de Gando (ASEMGA) celebrou onte en León a súa asemblea xeral. Ricardo Durán, director da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA e vicepresidente de ASEMGA, foi o encargado de conducir a reunión, xa que desde novembro de 2021, cando se aprobou a renovación rotatoria da xunta directiva, e ata decembro do pasado ano, seguiu exercendo as funcións de presidente da entidade á espera de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación fixese efectiva esa renovación.

Así pois, informou sobre a xestión da Asociación durante ese período e tamén sobre o desenvolvemento da Asemblea Xeral da Asociación Europea de Mercados de Gando (AEMB), celebrada en Bruxelas en decembro de 2022 e na cal Durán foi nomeado presidente desta entidade europea. Así mesmo, na asemblea de onte analizouse a relación da AEMB con ASEMGA, a cal ostenta agora a presidencia desta asociación europea.

Ademais, co apoio de Julio Pérez, secretario administrativo de ASEMGA e coordinador da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, informouse sobre a actividade de cada mercado en 2022 e no primeiro cuadrimestre de 2023, poñéndose de manifesto que a afluencia de animais é estable ou á alza nos mercados membros. Neste sentido a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA expuxo o seu notable crecemento en 2022, ao pechar o ano pasado cunha facturación de 32.430.068€, un 52,7% máis que o ano anterior, e unha asistencia de 50.565 reses, un 12% máis. Respecto ao que levamos deste ano, neste período a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA de novo mostrou o seu crecemento, cun volume de transaccións durante os catro primeiros meses do ano un 38,6% maior que no mesmo período do ano anterior, con 12.403.868€, e unha concorrencia un 19,8% superior, con 17.671 reses.

Por outra banda, durante o encontro acordouse baixar a achega anual por parte dos mercados membros á Asociación de 1.500€ a 1.000€, debido á boa situación económica da entidade. Así mesmo, comunicouse a baixa do mercado de Medina del Campo por cesamento de actividade.

Recoñecemento a antigos membro da xunta

Tras a celebración da asemblea, os asistentes mantiveron unha comida de confraternidade á que se uniron dous antigos compañeiros, aos cales se lles rendeu unha pequena homenaxe pola inestimable achega a ASEMGA. Estes son José Luis Díaz, do mercado de Pola de Siero (Asturias), e Felipe Granados, do mercado de Talavera de la Reina (Castela – A Mancha), os cales ostentaron, respectivamente, os cargos de secretario técnico e secretario administrativo da Asociación desde a súa creación en 1993 ata 2021 no primeiro caso e 2020 no segundo.

Central Agropecuaria e ASEMGA

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, xestionada pola Fundación Semana Verde de Galicia, forma parte de ASEMGA, agora xunto a outros seis mercados, como son os de Castro Ribeiras de Lea, León, Pola de Siero, Salamanca, Santiago de Compostela e Torrelavega. A excepción da Central e do mercado de Salamanca, xestionado pola Deputación, o resto están dirixidos por Concellos.

ASEMGA ten entre os seus fins a promoción e defensa da función comercial dos mercados e do papel dos mesmos na organización do mercado de gando e carne, en particular a nivel do establecemento de prezos. Tamén a difusión da investigación científica e a innovación, ademais da realización de actuacións en materia de formación para os traballadores. ASEMGA é membro da Asociación Europea de Mercados de Gando, con sede en Bruxelas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información