Celega logra certificacións de xestión ambiental e benestar animal

A industria láctea lucense, propiedade das cooperativas Lemos e Coreber, recibiu os selos de Aenor nun acto ao que asistiron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño – Sil, José Quiroga

Celega logra certificacións de xestión ambiental e benestar animal

Entrega dos certificados de Aenor a Celega.

As instalacións de Celega (Escairón, Lugo) veñen de ser recoñecidas por Aenor con certificados de xestión ambiental e de residuo cero. Estes selos súmanse ao de benestar animal de Aenor, tamén obtido o pasado ano polo coidado dos animais nas granxas das cooperativas propietarias de Celega, Lemos e Coreber.

A entrega das certificacións fíxose este xoves, nun acto ó que asistiu o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, acompañado polo secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño – Sil, José Quiroga.

Tomé trasladoulle a Celega os seus parabéns polas certificacións conseguidas e destacou durante a visita o traballo da cooperativa Lemos, unha entidade gandeira con sede en Monforte de Lemos que é propietaria ao 80% desta firma, unha das principais recolledoras e comercializadoras de leite de toda Galicia.

O mandatario provincial sinalou que “somos unha provincia pioneira neste sector, a primeira produtora de leite de España. Polo tanto, todo aquelo que leve consigo que o sector primario poida desenvolverse aquí, transformando os produtos e deixando o valor engadido que isto supón, é, sen dúbida unha boa noticia para a provincia”.

Na visita a Celega, acompañaron a Tomé o director xeral do grupo Celega – cooperativa de Lemos, José Manuel Rodríguez; o responsable da cooperativa de Lemos, Eliseo Mariño, e o responsable da cooperativa Coreber, Jesús Mato.

Unha aposta continuada polo medioambiente

Dende febreiro do 2017, data de adquisición polas cooperativas, a empresa ven desenvolvendo un modelo de producción eficiente que promove o uso de enerxías renovables, a mitigación das emisións de propia activiade, a eficiencia no consumo de recursos naturais e o aforro de enerxía. Dende aquela data, unido ao esforzó de renovación e modernización de todo o complexo industrial e das liñas de fabricación, Celega acometeu un reforma integral do sistema de tratamento de residuos e a construcción dunha nova planta de tratamento de augas residuais (EDAR) equipada coas mellores tecnoloxías dispoñibles no mercado.

A certificación de xestión ambiental (ISO 14.001) conleva a implantación dun sistema que serve para realizar a xestión dos riscos medioambientais que xurden co desenvolvemento da activade empresarial, a planificación para a prevención e protección do medio ambiente e tamén para a conformidade legal.

0 certificado Residuo Cero acredita que Celega valoriza a suas fraccións de residuos, evitando que teñan como destiño final o vertedeiro.

Ambas certificacións permiten a CELEGA acreditar o seu compromiso polo medio ambiente e a adecuación do desenvolvmento da sua actívidade coa normativa medioambiental, pero tamén a optimación no tratamento de residuos, disminuir os costes de xestión de residuos e contribuir, de forma decidida, ó impluso da economía circular.

O director xeral do grupo Celega-Cooperativa de Lemos, Jose Manuel Rodriguez, que acompañou os asistentes na visita ás instalcións, sinalou na sua intervención que “O que suponen estas certicacións e un paso adiante na estratexia de CELEGA e da Cooperativa Lemos de búsqueda dun modelo de producción sostible que de resposta a una sociedade cada dia máis sensible e comprometida co medioambiente” e destacou os avances que se acadaron nos últimos anos en canto a innovación.

O xefe de fabricaciõn, Carlos Momán, destacou que unha parte importante deses avances enmárcanse nunha aposta pola sostibilidade, o respecto ao medio ambiente e a integración da fábrica no entorno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información