Celebrouse a 4ª Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros

CRISTINA LUGO CERVEXAA concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou a 4ª edición da Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo, organizada pola Asociación de Coleccionistas Cervexeiros de Galiza. Cristina López agradeceu a participación “temos preto de 20 expositores que achegan parte da súa colección dende diferentes partes do estado e dende Portugal”.

A xornada agrupa a unha serie de expositores que mostran as súas pezas relacionadas, todas elas, coa cervexa. Achegaranse coleccionistas de botellas de cervexa, chapas, pousavasos, etiquetas, vasos serigrafiados e outros artigos coleccionables procedentes de todo o mundo. A concelleira de Participación destacou que “é unha oportunidade única para coñecer o mundo do coleccionismo relacionado coa cervexa”, e engadiu “os colecionistas acheganse a Lugo para intercambiar obxectos entre eles e amosarllos á xente que visita a mostra”.

A mostra conta co apoio de La Craft, cervexaría artesá ubicada no Mercado Municipal, que permitiiu degustar distintas cervexas artesás realizadas en Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información