Programada a ‘X Xornada de Granxas Abertas’ na Comarca da Ulloa

O vindeiro mércores 19 de xaneiro o Sindicato Labrego Galego celebrará a décima edición do evento para amosar diferentes proxectos de cría de animais e produción ecolóxica de hortalizas

Programada a ‘X Xornada de Granxas Abertas’ na Comarca da Ulloa

Gandería de cabras que se visitará na xornada.

O Sindicato Labrego está a organizar a ‘X Xornada de Granxas Abertas’, que terá lugar o vindeiro 19 de Xaneiro a través dunha ruta pola Comarca da Ulloa, onde se amosarán diferentes explotacións con crías de gando cabrún (Cabuxa Natur), de gando bovino na granxa ‘As Cernadas’, e de produción ecolóxica de hortalizas en ‘Casa Ribeiras’. Ao longo desta ruta observaranse así diferentes liñas de negocio e proxectos que permitirán visualizar o potencial galego.

A visita comezará ás 11.00h no concello de Guntín para coñecer o proxecto de cría de cabritos e venta directa dos mesmos ‘Cabuxa Natur’. A continuación, a ruta seguirá cara a horta de ‘Casa Ribeiras’ de produción ecolóxica, onde se explicará como se realiza a venda directa dos seus produtos. Tras un breve descanso para comer ás 14.30, que correrá a cargo de cada persoa inscrita, seguirase cara a ‘Granxa das Cernadas’, a cal detallará o seu proxecto de venda de leite ‘sen máis’.

O número máximo de participacións que acolle esta xornada é de 20 persoas, para o cal será preciso inscribirse no correo: mocidade@sindicatolabrego.com. Unha vez realizado o proceso, o SLG enviará a localización para a quedada e máis información ao respecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información