Celébrase a primeira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal

A actividade, organizada pola Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común e o Instituto Galego de Terras Comunitarias, tivo lugar en Mazaricos

Celébrase a primeira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal

A finalidade do acto estivo centrada na rememoración daquelas persoas que loitaron polos montes veciñais

Mazaricos foi o lugar escollido para celebrar a primeira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira do Monte Veciñal. O evento foi promovido pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais e o Instituto Galego de Terras Comunitarias para recoñecer o labor que moitos homes e mulleres fixeron pola defensa dos montes veciñais en Galicia, desde fai xeracións. Ao remate do acto plantáronse dous carballos como homenaxe.

A plantación de dous carballos tamén formou parte da homenaxe

A plantación de dous carballo tamén formou parte da homenaxe

Arredor de 80 persoas asistiron ao evento, que arrancou cunha xornada na Casa de Cultura e rematou cunha ofrenda floral no monumento do monte veciñal de Eirón, o cal rememora a morte no 1963 de Xosé Esperante, ‘Che de Pedro’, durante as mobilizacións a favor desta forma tradicional de propiedade. Nos actos interveu o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e os fillos do recoñecido veciño de Eirón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información