Celébrase en Lugo o Foro ‘Mulleres con Madeira’

A asociación Lugo Madeira celebra así o Día da Muller, nun acto con participación de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal

Celébrase en Lugo o Foro ‘Mulleres con Madeira’

O director de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, inaugurou en Lugo o Foro Sectorial ‘Mulleres con Madeira’, coincidindo co Día Intenacional da Muller, 8 de Marzo. Tamén estivo presente a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha. Durante a súa intervención, Aboal destacou a necesidade de seguir impulsando a presenza da muller dentro do sector forestal.

O director xeral lembrou que a maioría das actuacións da Axencia van dirixidas a persoas xurídicas que teñen detrás “persoas físicas”, o que se traduce en presenza feminina no sector forestal. Por iso, segundo Aboal, é necesario facer análises do sector impulsando os indicadores de xénero.

A día de hoxe, a Axencia Galega da Industria Forestal incorpora puntuación adicional en canto número de empregos femininos de cara a outorgar liñas de axuda e, ademais, súmaselle unha puntuación específica no caso de haber mulleres en postos de dirección ou xerencia.

Dentro destas axudas están as destinadas para actividades formativas non regradas, que reciben maior puntuación por teren polo menos unha muller como docente. Á parte, tamén se financian actuacións para o impulso do “papel da muller na industria forestal-madeira”, destacou.

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na mesa redonda sobre o impulso da igualdade dentro das empresas. A directora xeral sinalou a importancia de concienciar ao tecido produtivo sobre a adopción de medidas de responsabilidade social empresarial que supoñen un compromiso cos valores da igualdade e a xustiza social.

“As empresas non poden renunciar ao talento feminino e en sectores masculinizados como a madeira, a construción ou transporte existen, ademais, vacantes laborais”, apuntou.

Mancha lembrou que a Xunta dispón dun programa de axudas dotado de 1,5 millóns, así como do campus virtual de igualdade laboral para axudar ás empresas nesta materia. Así mesmo, apuntou que se está a tramitar a certificación de excelencia en igualdade para visibilizar ás empresas que se preocupan pola igualdade.

Campaña #ElasXeranSector

Cómpre engadir que, baixo a denominación #ElasXeranSector a Axencia Galega da Industria Forestal promove iniciativas activas para visualizar e incrementar a presenza do talento feminino nunha industria na que tradicionalmente hai unha representación menor das traballadoras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información