Catro gráficas que amosan os desequilibrios na PAC

España ten máis perceptores das axudas da Política Agraria Común que Francia e Alemania xuntos. Un 38,8% dos beneficiarios españois dos pagos directos supera os 65 anos, en tanto outros países cinguen os apoios ós agricultores activos

En tanto a Comisión Europea debate que recorte presupostario aplicará para a futura PAC 2021-2027, en España iniciouse o debate sobre a necesidade de dirixir os apoios da Política Agraria Común ós agricultores activos.

O reparto das axudas en España destaca por dúas anomalías que non se dan noutras grandes potencias agrarias da UE: o alto número de beneficiarios da PAC xubilados e as altas cantidades que perciben sociedades xurídicas, que se corresponden principalmente con grandes propietarios latifundistas da metade sur de España.

Explicamos os desequilibrios en catro gráficas, feitas a partir dos cálculos elaborados por Unións Agrarias en base ós datos do Ministerio de Agricultura e da Unión Europea.

1) Canta xente cobra a PAC en cada país?
España destaca no contexto europeo polo alto número de perceptores da PAC que mantén, arredor de 750.000, unha cifra que non acada a suma de Francia e Alemania, dúas das principais potencias agrícolas da UE.

beneficiarios UE

2) Canto cobra un beneficiario das axudas directas?
Os pagos directos da Política Agraria Común manteñen unha cuantía media moi diferente nos distintos estados. En tanto en Francia, Dinamarca ou Reino Unido supéranse os 20.000 euros de media por beneficiario, España quédase en 6.292 euros. Os menores pagos medios en España relaciónanse en parte co alto número de beneficiarios, o que dilúe os apoios.

cantidades UE

3) Que impacto teñen na PAC os pagos dirixidos a perceptores xubilados en España?
Un de cada catro euros dos pagos directos da PAC vai parar en España a maiores de 65 anos, segundo os datos do 2016. En Galicia, a porcentaxe é moi inferior (6,5%) e destaca no lado contrario o caso de Andalucía, cun 38% de pagos dirixidos a maiores de 65 anos e cunha porcentaxe similar de beneficiarios da PAC xubilados.

Se se eliminan ós perceptores xubilados do cobro da PAC, o reto para Galicia será que os cartos que quedan libres se redistribúan con criterios sociais a nivel estatal, evitando os ‘corralitos autonómicos’ deses fondos, o escenario que pretenden comunidades como Andalucía ou Castilla La Mancha.

pagos 65 final

4) Cal é o peso dos latifundistas nas axudas da PAC en España?
As sociedades xurídicas, conformadas por grandes propiedades do centro e sur de España, representan só un 6,5% dos perceptores da PAC en España, pero absorben o 29% dos fondos. Desde Unións Agrarias reclaman rematar cos “agricultores de sofá”, para que os apoios comunitarios vaian dirixidos prioritariamente ós pequenos e medianos agricultores que manteñen a actividade sobre o territorio.

beficiarios fisicos xuridicos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información