A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Catálogo Delagro de sementes de millo forraxeiro 2020: Variedades adaptadas ás necesidades de cada granxa

O catálogo de sementes de millo forraxeiro que comercializa DELAGRO incorpora unha ampla gama de variedades de empresas referentes no sector (Limagrain, MAS SEEDS e FITÓ), coas últimas innovacións en mellora xenética e de protección fronte ao verme do arame ou a rosquilla, como son Starcover ou AGRO START.

Cada ano Delagro selecciona sementes de millo cun alto potencial xenético, adaptadas a todas as condicións, apostando por variedades probadas en campos de ensaio en Galicia e Asturias para dar máis garantías aos agricultores. Ademais, conta cun equipo técnico de máis de 25 profesionais que seguen a disposición dos gandeiros.

“A pesar dos problemas creados polo coronavirus, DELAGRO segue garantindo todas as subministracións necesarias para sementeira do millo. E no caso das sementes, mesmo incorporamos novidades ao noso catálogo, con ciclos medios-curtos adaptados ás condicións meteorolóxicas deste ano, que están a atrasar sementeira en moitas zonas”, explica Alonso López, do departamento comercial de Delagro.

Entre as novas variedades que incorpora o catálogo de DELAGRO destacan BOWEN, unha variedade en exclusiva de LG para DELAGRO. Trátase dun ciclo 400, adaptada á produción en todo tipo de condicións e que destaca polo seu excelente rendemento, tolerancia a enfermidades, produción de enerxía e stay green.

Outra variedade en exclusiva de LG para DELAGRO é a LG 31388, un ciclo 300, que garante unha alta produción nun ciclo precoz.

Outra novidade do catálogo, neste caso de MAIS SEEDS, é a MAS 26R, un ciclo 250 que sobresae polo seu alto rendemento, dixestibilidade, produción de enerxía (sobre todo na mazaroca) e tolerancia a enfermidades.

E en FITÓ destaca, entre outras, AVENTICUM, un ciclo 290, que combina excelente rendemento e dixestibilidade. Ademais, destacacan o seu vigor e resistencia ao fungo Helminthosporium.

Fertilización adaptada ás necesidades do millo

Ademais das últimas innovacións en sementes, DELAGRO dispón dunha completa oferta de fertilizantes deseñados para cubrir as necesidades de cada etapa do cultivo. Así, co programa Profer, podemos realizar fertilización á carta para cada parcela. DELAGRO dispón dunha combinación de fertilizantes de fondo, abonado localizado, nitróxeno en coberteira e tamén fertilizantes foliares como son YaraVita LAST N e YaraVita MAIZ.

Para máis información chama ao teléfono 981 519 920 ou envía un correo a delagro@delagro.org

Descarga aquí o catálogo completo de sementes de millo DELAGRO 2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *