
Un momento da poxa de gando frisón do ano pasado
O concello lugués do Páramo prepárase para acoller esta fin de semana as súas Feiras da Primavera, cun amplo programa que contará con certames de gando, exposición de maquinaria, postos de artesanía e alimentación e música variada.
Un dos pratos fortes da celebración será a poxa de gando frisón que organiza por segundo ano Africor Lugo. Será o sábado ás 12 da mañá no campo da feira. Poxaranse un total de 16 animais, 8 xovencas preñadas e 8 vacas de primeiro e segundo parto.
Os animais proceden de 9 ganderías da provincia de Lugo, dúas delas do concello do Páramo: Tío Andrés (Sarria), Casa Medallas (Castro de Rei), Granxa Grilo (Bóveda), San Vicente (Chantada), Casa Fontes (Sarria), Casa Queiroga (O Páramo), Quintián (O Páramo), Lacpi (Sarria) e José das Rozas (A Pastoriza).
Poxaranse un total de 16 animais, 8 xovencas preñadas e 8 vacas de primeiro e segundo parto
Este tipo de poxas son o lugar ideal para mercar animais, pois as súas garantías sanitarias, a paternidade confirmada e toda a información relativa ao seu pedigrí fan desta opción a mellor posible para os gandeiros que precisen incorporar animais as súas explotacións.
A cita está organizada polo Concello do Páramo e conta coa colaboración da Consellería do Medio Rural, Xenética Fontao e Caixa Rural Galega.
Podes descargar neste enlace o Catálogo completo dos animais que se subastarán.
Galego









Control OJD