Catálogo de animais frisóns que se poxarán este sábado en Sarria

Son 5 vacas e 7 xovencas preñadas pertencentes a 5 ganderías da provincia de Lugo que destacan polo alto valor xenético e leiteiro dos seus rabaños

sarria_poxa_1Africor Lugo vén de facer público o catálogo de animais que se ofrecerán na Poxa de Gando Frisón que se celebrará este sábado en Sarria dentro do programa da Feira de San Isidro deste ano. A subasta será ás 12 da mañá no recinto do mercado gandeiro da localidade.

Entre os animais que se poxarán hai 5 vacas paridas e 7 xovencas preñadas pertencentes a 5 ganderías da provincia de Lugo que destacan pola alta calidade xenética dos seus rabaños: Casa Medallas, de Castro de Rei; Granxa Grilo, de Bóveda; Marey Castro SC, de Pol; San Vicente, de Chantada; e Tío Andrés, de Sarria.

A poxa está organizada polo Concello de Sarria e Africor Lugo. A finalidade é potenciar a comercialización de animais criados en explotacións gandeiras da provincia de Lugo e permitir a outras granxas mellorar o seu nivel xenético.

Pódese descargar o catálogo completo de animais e as normas da subasta neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información