Catálogo das xovencas e vacas de raza Frisona que se poxarán o próximo domingo en Mazaricos

Catálogo das xovencas e vacas de raza Frisona que se poxarán o próximo domingo en Mazaricos

Poxa celebrada en Mazaricos

O próximo domingo, 3 de decembro, celebrarase no concello coruñés de Mazaricos a XI Poxa de Gando de Raza Frisona.

A poxa, organizada polo concello de Mazaricos, xunto a Africor Coruña e coa colaboración de varias entidades e casas comerciais, celebrarase no recinto feiral da Picota. Os animais deberán entrar no recinto o sábado, entre as 10:00 e as 14:00 horas. A poxa celebrarase o domingo a partir das 11:00 horas.

Para este evento foron seleccionados 27 animais procedentes de 13 ganderías da provincia de A Coruña, inscritas en Control Leiteiro e Libro Xenealóxico da Raza Frisona. Como novidade con respecto a edicións anteriores, resaltar a participación de 9 vacas de 1º parto en lactación.

Todos os animais son criados en ganderías da provincia da Coruña, adaptados ás nosas condicións de manexo, o que permite tamén dar valor á xenética producida nas explotacións galegas, sen ter que depender das importacións para repoñer animais.

Consulta aquí o catálogo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información