Cata do xornalista especializado Joaquín Hidalgo na D.O. Valdeorras

Publicidade
Cata do xornalista especializado Joaquín Hidalgo na D.O. Valdeorras

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras recibiu esta semana ao xornalista internacional especializado en enogastronomía, Joaquín Hidalgo, que realizou a cata dun total de 68 viños amparados, 38 deles brancos e 30 tintos.

Na súa primeira visita a Valdeorras, o prestixioso crítico de viños e editor para Chile, Arxentina e España no medio estadounidense Vinous.com, explicou que “cando un cata viños, o que máis lle chama a atención é a diferenza, e cando non está condicionada polo tipo de chan, pola añada ou pola forma de facer do productor, entón o viño ten maxia. Hoxe probei viños que teñen esa condición”.

Ademais, sobre os viños brancos, todos elaborados coa variedade de uva godello, apuntou que “nesta rexión ten un plus” afirmando que puido probar “viños con moita personalidade”.

Tras un percorrido por diferentes denominacións do norte de España, nas que catou máis de 400 viños, visitou Valdeorras por primeira vez “porque os seus viños chamáronme a atención”. Trala cata asegurou que “para o ano que ven, dedicareille dous ou tres días máis” porque lle gustaría, expresou, “coñecer a viña e cómo funcionan os viñedos de aquí”.

Este primeiro encontro cos viños de Valdeorras ven a reafirmar o importante traballo de promoción realizado polo Consello e o enorme potencial enolóxico que ten a comarca. A visita deste profesional do xornalismo especializado en viños, ven a refozar o crecente interese pola viticultura valdeorresa e ofrece unha oportunidade para dar visibilidade ao traballo das súas adegas.

Desde o Consello Regulador, destácase o valor desta visita como impulso para afianzar a proxección internacional dos viños da denominación.

Vinous.com
Con formación en Enoloxía e Xornalismo, Joaquín Hidalgo é unha figura clave da comunicación no mundo do viño no ámbito hispano desde fai máis de 20 anos, con presenza en diversos xornais e outras publicacións especializadas, como a recoñecida revista internacional Vinous.com. Fai case dous anos, sucedía ao crítico Josh Raynolds como catador dos viños españois para a mencionada publicación.

Vinous.com é unha publicación independiente sobre viños afincada en Estados Unidos. A revista conta cun gran equipo de críticos e escritores de renome, recoñecidos a nivel internacional. Estos expertos publican anualmente preto de 30.000 reseñas de viños e ofrecen unha cobertura profunda de novos lanzamentos, catas verticais, visitas a produtores, mapas interactivos, recomendacións, entre outras cousas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información