A uva Palomino ou Xerez, outrora cunha ampla presenza na comarca do Ribeiro e noutras DO´s galegas, será a protagonista dunha cata o vindeiro xoves, 5 de xuño, organizada por Ágora Alfatec e Rara Vini.
O evento, que leva por título “Palomino, unha uva e mil camiños”, celebrarase na adega Casal de Armán e comezará ás 11:00 horas.
A cata será dirixida por José Ferrer Morato, embaixador para a Gastronomía dos Consellos Reguladores das Denominacións de Calidade “Jerez – Xérès – Sherry”, “Manzanilla Sanlúcar de Barrameda”, “Vinagre de Jerez” e “Brandy de Jerez”.
Os asistentes terán a oportunidade de descubrir unha decena de elaboracións distintas: Palomino sen Fortificar, Manzanilla en Rama, Fino, Manzanilla Pasada, Fino Vello, Oloroso, Palo Cortado, Amontillado, Amontillado VORS e Oloroso VORS.
Tras a cata terá lugar unha comida maridada con viños de Xerez para os asistentes.
O evento conta coa colaboración da Denominación de Orixe Xerez, e o patrocinio da Asociación Galega de Enoloxía e de Tecnoloxía Enolóxica do Salnés.