
177 adegas e empresas elaboradoras galegas adscritas ás Denominacións de Orixe (DO) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia participan este ano nas catas oficiais que organiza a Consellería do Medio Rural xunto cos consellos reguladores.
As precatas teñen lugar no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón). Son as XXXVII Cata dos Viños, á XXVII Cata das Augardentes, á XIV Cata dos Licores de Herbas, Licor Café e Augardente Envellecida, e á XII Cata das Augardentes de Herbas.
O proceso selectivo comezou o 30 de setembro, coa recollida das 445 mostras de viño (310 de branco e 135 de tinto), correspondentes a 165 adegas; e das 40 de augardentes e licores, correspondentes a 12 empresas, que participan no cert6ame deste ano.
As precatas dos viños das DO están a cargo de catadores dos propios paneis de cata dos consellos reguladores de Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. No resto de categorías e as catas finais -do 21 ao 23 deste mes- participarán catadores, sumilleres, enólogos e profesionais vencellados ao sector, pero que non pertencen aos paneis das DO. As augardantes e licores tradicionais cataranse o 20 de outubro.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu ás precatas
Garantir o anonimato das mostras é básico no proceso. Para eso, as botellas de viño introdúcense nunha bolsa opaca negra e sinalízase cun número correspondente á fase da precata. Os 6 viños de cada DO seleccionados na fase de precata, terán outra numeración na cata final. A correlación entre os dous números permanece en secreto, custodiada pola secretaria do xurado.
As mostras de augardentes e licores de Galicia recóllense nas botellas proporcionadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, de vidro transparente con capacidade para 3/8 de litro, e tamén se catan con distinta numeración na fase de precata e na cata final.
Para a valoración por parte dos catadores, facilítaselles unha tablet cargada cun software especialmente deseñado para esta finalidade, no que se valoran as características das mostras nas diferentes fases visual, olfativa e gustativa, cunha apreciación global ao remate do proceso. No caso dos espumosos, avalíase ademais a efervescencia.
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu ás precatas e salientou que “con estas catas, a Consellería do Medio Rural sinala a importancia de promocionar, identificar e premiar os mellores viños, augardentes e licores elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, produtos dotados dun carácter único e dunha personalidade recoñecible dentro e fóra da nosa comunidade.”
Galego









Control OJD