A Consellería de Agricultura e Gandaría de Castela e León destinará 56 millóns de euros en axudas para asumir a prórroga, por dous anos máis, dos contratos plurianuais das medidas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica cuxo quinto ano de compromiso estaba previsto que concluíse este ano 2019. Desta forma, poderán beneficiarse máis de 10.000 agricultores e gandeiros da comunidade que poderán seguir cobrando estas axudas nos anos 2020 e 2021.
Estas medidas, que se enmarcan no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Castela e León 2014-2020, chegaban en 2019 ao seu quinto ano de compromiso, co que concluía a axuda habilitadas para elas. Coa resolución que se publica este luns no Boletín Oficial de Castela e León (Bocyl), poderanse seguir incorporados nas medidas durante os anos 2020 e 2021, salvo que manifesten a súa renuncia expresa nos termos que se establezan na solicitude única do ano próximo 2020.
En Galicia máis de 4.000 gandeiros e agricultores non saben se cobrarán estas axudas en 2020 e 2021
En Galicia, existen actualmente uns 4.000 beneficiarios das axudas agroambientais que este recibiron un total de 17 millóns de euros; é dicir, unha media duns 4.000 euros por explotación, principalmente da provincia de Lugo, e en menor medida das zonas de montaña de Ourense.
Porén, ao non confirmar a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia que adianta orzamento, como fixo Castela e León, córrese o risco de que non se convoquen para os anos 2020 e 2021, tal e como sucedeu ao finalizar o anterior período da PAC.