Case 2.500 explotacións galegas e só 72 asturianas tiveron que cumprir coa diversificación de cultivos en 2015

Reflíctese no informe do FEGA sobre o primeiro ano de aplicación do greening. A Xunta optou por aplicar o control de diversificación de cultivos entre maio e setembro, mentres que Asturias fíxoo no inverno

Case 2.500 explotacións galegas e só 72 asturianas tiveron que cumprir coa diversificación de cultivos en 2015

O cultivo de millo forraxeiro reduciuse pola diversificación de cultivos

Un total de 2.444 explotacións gandeiras galegas tiveron que cumprir no 2015 coa diversificación de cultivos do chamado pago verde ou greening, unha cifra cifra contrasta coas 72 explotacións asturianas que tiveron que facelo.

Así se pon de manifesto no informe que acaba de publica o FEGA sobre o primeiro ano de aplicación en España do greening, unha esixencia da PAC que obriga a que os produtores con máis de 10 hectáreas sementen polo menos dous cultivos -3 se o produtor ten máis de 30 hectáreas-, sen que ningún deles supere o 75% da superficie.

Con todo, a distinta aplicación do greening en Asturias e en Galicia polos seus respectivos gobernos autonómicos leva a que os resultados sexan bastante dispares.

En concreto, a Xunta de Galicia interpretou o pasado ano que esa diversificación de cultivos terase que aplicar entre maio e setembro, o que na práctica limitou o cultivo do millo forraxeiro en 2.444 explotacións ao 75% de superficie de cultivo. Con todo, o Goberno do Principado de Asturias interpretou que as disposicións da UE permiten que sexa válido o cumprimento dos requisitos do “greening” no período invernal, cando moitas explotacións xa adoitan sementar praderías temporais tras a colleita de millo. O resultado é que soamente 75 explotacións asturianas tiveron que cumprir o requisito de diversificación de cultivos (45 a dous cultivos e 28 a tres).

En concreto, en Galicia o pasado ano un total de 1.893 explotacións foron obrigadas a diversificar dous cultivos sobre 32.946 hectáreas, e 551 explotacións tiveron que realizar diversificación de tres cultivos sobre 25.840 hectáreas.

Quedaron exentos de cumprir coas obrigacións do pago verde un total de 17.807 explotacións -con 47.811 hectáreas de terras de cultivo- por ter menos de 10 hectáreas de superficie. Por outros motivos quedaron exentas 1.995 explotacións, practicamente o mesmo número que en Asturias (1.921), a pesar de que Galicia case triplica en número de explotacións ao Principado.

O Ministerio considera que o primeiro ano de aplicación do pago verde foi “satisfactorio”

RESULTADOS_PAGO_VERDE_GREENING_2015

Por outra banda, o MAGRAMA considera que primeiro ano de aplicación en España do pago verde “ha de considerarse satisfactorio” en termos ambientais. “Aínda que non se produciu un incremento relevante das superficies dos grandes cultivos, existe un aumento da superficie cultivada de determinadas proteaxinosas e leguminosas, así como das terras dedicadas ao barbeito”, valora o Ministerio.

No que se refire aos cultivos fixadores de nitróxeno, un total de 711.241 Ha utilizáronse para o cómputo de SIE en 2015, algo que tamén se valora como positivo. Aumentou fundamentalmente o cultivo de veza, chícharos e fabas.

Por outra banda, cabe sinalar a contabilización como SIE de 975.494 Ha de barbeito sen produción, cuxas implicacións ambientais son, así mesmo, en materia de biodiversidade,
relevantes.

Descarga aquí o informe completo do FEGA sobre o primeiro ano de aplicación do pago verde en España

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información