Casa Moreiras e Viña Vella lograron as medallas de ouro na XXIX Cata da Ribeira Sacra

Publicidade

PREMIOS RIBEIRA SACRA

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recoñeceu os mellores viños da colleita de 2024. Foi mediante unha cata na que participaron 21 adegas que levaron a concuros 65 mostras. Tanto a proba dos viños como o acto de entrega dos galardóns tiveron lugar no balneario Iberik de Pantón.

Casa Moreiras, de Adega Casa Moreiras S.L. alzouse co trofeo como mellor viño tinto, mentres que no apartado de brancos o primeiro premio foi para Viña Vella, da S.A.T Virxe dos Remedios. Competiron con 21 viños tintos, 18 brancos e 26 doutras añadas.

Os premios outorgados foron os seguintes:

Viños Tintos (Añada 2024):
• Medalla de Ouro: Casa Moreiras da adega Casa Moreiras S.L.
• Medalla de Prata: Prómine da adega Bodegas Petrón S.L.
• Medalla de Bronce: Campaza da adega Casa Moreiras S.L
Viños Brancos (Añada 2024):

• Medalla de Ouro: Viña Vella da adega S.A.T. Virxe dos Remedios
• Medalla de Prata:G Ponte da Boga da adega Adega Ponte da Boga S.L.
• Medalla de Bronce: Peza do Rei da adega Adega Cachín S.C.
Viños doutras añadas:

• Medalla de Ouro: 4ª Generación (Mencía da colleita 2020) da adega Don Bernardino S.L.
• Medalla de Ouro: 1904 Adega Vella(Godello Barrica da colleita 2022) da adega Adega Vella Xeracións S.L.
• Medalla de Ouro: Finca Millara (Mencía Barrica da colleita 2022) da adega Finca Millara Bodegas y Viñedos S.R.L.
O panel de cata estivo composto por sete expertos do Consello Regulador -Maira Ratón Fernández, Gelín Fernández, Bruno Lovelle, Rosa Domínguez Domínguez, Pablo Íbañez, José Felicísimo Pereira Freijido e José Antonio Fernández Somoza- e foi presidido polo director técnico do Consello Regulador.
Ademais do recoñecemento polo seu labor, as adegas premiadas recibiron un trofeo artesanal elaborado por José Elías González Prieto, mestre oleiro de Gundivós, cuxa obra en barro simboliza a tradición e o arraigamento do viño na Ribeira Sacra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información