Casa Grande de Xanceda lanza o primeiro xeado ecolóxico para cans

Casa Grande de Xanceda lanza o primeiro xeado ecolóxico para cans

Casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica ubicada no concello coruñés de Mesía, lanza Canhelado, unha campaña solidaria para apoiar ás protectoras de animais e loitar contra o abandono. Canhelado é un xeado ecolóxico para cans elaborado con iogur e leite sen lactosa de Casa Grande de Xanceda. As vendas deste produto de edición limitada doaranse integramente á protectora Aloia, en Tui e á asociación Bichosraros.org.

Dentro desta acción, a firma xa está a planificar para agosto un DogDay: unha visita especial á granxa onde as persoas con peludos poderán vir con eles de visita á granxa.

Cans que axudan a cans

A protagonista do Canhelado é Malibú. Malibú vive en Casa Grande de Xanceda tras ser rescatada do abandono. Hoxe en día é profesora e percorre os colexios de toda Galicia co programa educativo EduCANdo con Malibú. O obxectivo é concienciar aos nenos na tenencia responsable de animais e fomentar a adopción en vez da compra.

Canhelado é outra acción enmarcada dentro de EduCANdo con Malibú. Neste programa, Casa Grande de Xanceda desenvolveu máis campañas como Adóptame, Iogures pola Adopción, Nadal con Malibú ou Lambetazos contra o Abandono. O obxectivo é sempre visibilizar e mellorar a situación dos peludos abandonados e o enorme traballo de refuxios e protectoras.

Avalado por nutricionistas caninos

O Canhelado está revisado e avalado por nutricionistas caninos. Non leva lactosa e na propia caixa hai unha cantidade recomendada en función do peso do can. Como todos os produtos da firma é ecolóxico e, neste caso, contén leite e iogur sen lactosa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información