Casa da Fonte acolle un curso sobre gandería rexenerativa o día 28 en Pantón

WhatsApp Image 2025-11-10 at 13.20.10 (1)

“Gandería rexenerativa. Un camiño hacia a resiliencia e a sustentabilidade.” Ese é o título da xornada que vai ter lugar o vindeiro 28 de novembro en Gandería Casa da Fonte de Mañente (Pantón). Xosé García Freire (titular da explotación) e Bruno Vasquetto serán os facilitadores da xornada teórica e práctica na que se abordarán os aspectos que caracterizan a gandería rexenerativa e os seus condicionantes.

Pastoreo intensivo, diversificación de especies animais, peche de parcelas, rotación de cultivos e pastos ou manexo do gando para a rexeneración medioambiental e a mellora da rendabilidade son algúns dos aspectos teóricos que se van abordar na xornada.

Na parte práctica, vaise poñer énfase na xestión e manexo dos pastos e forraxes, na recría e cebo dos animais, nas capturas de carbono ou no manexo do gando en sistemas de cambio continuo de parcelas,

Para participar na xornada é preciso inscribirse mediante correo electrónico enviado a ecocasadafonte@gmail.com ou chamando ao tlf 691060470. Ao remate da actividade sortearanse entre os participantes 2 comprobadores de cercado eléctrico Gallagher.

WhatsApp Image 2025-11-10 at 13.20.10

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información